
About this episode
Dos nosos convidados de hoxe pode dicirse que botaron os dentes no mundo da música tradicional porque levan nela dende pequenos aínda que como grupo nacen no ano 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante, en Ortigueira.
Naquel 2014 decidiron xuntarse porque se deron conta que cadraban ben, algo que non ten cambiado nestes dez anos de andaina. Nesta edición de Sons de Nós os protagonistas son Os Carecos, un grupo de pandereteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao.
Samuel Ramos, acompañounos nesta conversa na que falamos do grupo, do seu recente paso polos estudio de gravación, que deu como resultado dous sinxelos, Palmira e Xota e Muiñeira das Cortellas e dunha iniciativa solidaria que levan facendo dende 2016, o “Serán Careco”.
Os Carecos son tradición, pero sobre todo festa, porque ofrécennos un repertorio festeiro que convida a cantar e bailar; forman parte así destes grupos que contribúen a recuperar o baile e o canto que, de vello, se facía nas comunidades.
Eles déronse conta de que “cadraban ben”, e esa sorte de epifanía vivida a tres voces deu lugar aos Carecos, cantareiros de tradición canónica, en repertorio e tradición, pero tamén con vocación de entrar en novos horizontes. Poñéndonos técnicos poderiamos dicirvos que “as polifonías e o traballo vocal sobresaen notoriamente, así como un dominio total das percusións de man, conformando unha formación impecable, elegante e orixinal dentro do seu estilo”.
Sen tecnicismos diremos “abofé que cantan ben!!”.
Get every episode summarized
Each time SONS DE NÓS RadioFusión publishes, we email you a written briefing from the transcript — the topics, who appeared, and any specific claims, with the ad reads skipped.
Email me new episodesFree for 3 shows. No card needed.
Hosts & guests
No transcript yet
This episode has not been transcribed. Request it and it moves to the front of the queue.
More episodes
More from SONS DE NÓS RadioFusión

Sons de Nós con Alana 8 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 8, 202637:34pending

Sons de Nós con Carlos Lijó
SONS DE NÓS RadioFusión
May 8, 202650:20pending

Sons de Nós 7 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 7, 202655:01pending

Sons der Nós 6 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 6, 202654:41pending