
About this episode
Nesta nova entrega de Sons de Nós imos falar dun deses proxectos que nos gustan especialmente… deses que mesturan tradición e futuro sen perder a esencia.
Xa sei que igual é caer un pouco no tópico dicir que Galicia é o seu son: a gaita, o pito, a requinta…, instrumentos que forman parte da nosa identidade e da nosa memoria colectiva. Sons que pasaron de xeración en xeración e que, seguro que non ides sorprendervos, agora tamén atopan un novo camiño no mundo dixital. Porque o dixital está aquí e veu para quedarse.
Hoxe imos coñecer unha proposta que vai xusto nesa liña: achegar a música tradicional galega a novos espazos, novas persoas e novas formas de crear. Conversaremos con Carlos Lijó, creador de “Breogán VSTi”, unha ferramenta que permite tocar a gaita… desde un ordenador.
Carlos iniciou a súa proposta para crear ferramentas musicais con “Carmucha” un plugin no que recreaba percusións galegas, pandeiretas, pandeiro e tamboril, agora, nun chanzo evolutivo máis que lóxico, ven de presentar “Breogán VSTi”, unha ferramenta que demostra que a tradición non é algo do pasado, senón unha base sobre a que seguir creando. Un proxecto que leva o son da gaita e doutros instrumentos tradicionais galegos ao mundo dixital, facéndoos accesibles, abertos e preparados para formar parte da música do presente e do futuro.
Desde calquera ordenador, en calquera parte do mundo, agora tamén se pode soar a Galicia.
Get every episode summarized
Each time SONS DE NÓS RadioFusión publishes, we email you a written briefing from the transcript — the topics, who appeared, and any specific claims, with the ad reads skipped.
Email me new episodesFree for 3 shows. No card needed.
Hosts & guests
No transcript yet
This episode has not been transcribed. Request it and it moves to the front of the queue.
More episodes
More from SONS DE NÓS RadioFusión

Sons de Nós con Alana 8 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 8, 202637:34pending

Sons de Nós 7 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 7, 202655:01pending

Sons der Nós 6 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 6, 202654:41pending

Sons de Nós 5 de xuño de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 5, 202653:18pending