
musicDec 19, 202541:45pending
Sons de Nós con Lumedoloop 19 de decembro de 2025
About this episode
Porque os nosos convidados de hoxe, LUMEDOLOOP, aseguran que o segredo deste novo proxecto reside non na súa novidade, senón nas décadas de experiencia compartida en centos de escenarios. Experiencia e complicidade creativa a que une a Jamas e Møu, membros fundadores de Dios Ke Te Crew, e figuras clave do hip hop galego, xunto a DJ Mil, un dos pica discos máis recoñecidos da escena urbana galega. Compartimos conversa nesta edición de Sons de Nós con Jamas, Julio Negueruela, voz de Lumedoloop.
Eles mesmos definen a súa proposta como a fusión entre o lume da creatividade e o loop infinito da evolución artística. Non se trata só de facer rap: trátase de expandir o xénero, de xogar con estilos, de reinventar sen esquecer a raíz. A lingua galega sempre presente, entendéndoa ademais como un elemento a reivindicar e empoderar, como amosa “Non traio un laio” o terceiro adianto do seu xa moi próximo primeiro traballo discográfico (Re) existencia.
E humor e retranca, moita retranca, porque como di Jamas, “A retranca é un superpoder que temos as galegas e galegos e deberíamos aproveitalo máis”.
Xa nos foron presentando adiantos do que vai representar este ambicioso e comprometido traballo que será (Re)existencia; en outubro coñecimos «Rico de Sabor» que afirman é o seu manifesto sobre o materialismo afectivo fronte á aritmética fría do capital. En novembro chegou «Rap Cru», nesta ocasión reflexionando sobre a necesidade de defender a autenticidade na creación artística sen aditivos comerciais.
E hoxe chega «Non Traio Un Laio», o manifesto máis combativo da banda ata a data. Funcionando como psicanálise colectiva e declaración de principios, a canción ergue a voz contra a submisión lingüística, o desarraigo cultural e a favor do empoderamento da lingua galega.
Lumedoloop o teñen claro, a súa proposta musical, toda unha filosofía de vida, reflíctese neste “(Re)existencia” que presentarán o 20 febreiro. O título xoga co verbo existir —do latín ex-sistere, “saír para situarse no mundo”— e co prefixo (Re-), que funciona como un interruptor conceptual, activando tres dimensións interconectadas que forman o núcleo ideolóxico e emocional do álbum.
En primeiro lugar, a Rexistencia representa o lume da firmeza innegociable: a loita creativa e integral “a chispa teimuda que non se deixa apagar”. En segundo termo, a Reexistencia simboliza o loop da transformación perpetua. Finalmente, a Existencia emerxe como a presenza plena e consciente no mundo: o estado alcanzado tras resistir e transformarse. É vivir con dignidade radical, coherencia interna profunda e unha relación honesta coa verdade propia. Non é un destino ao que se chega un día concreto, senón un modo de camiñar: co peito aberto, a cabeza ergueita e sen pedir permiso para ocupar espazo.
Xuntos, estes tres eixos conforman o marco conceptual dun traballo que aspira a ser máis que música: unha invitación a reflexionar sobre o significado de vivir con conciencia e sobre a creación artística como ferramenta de resistencia, pensamento crítico e celebración colectiva.
Lumedoloop presenta “(Re)existencia» como unha obra conceptual que vai máis alá dun conxunto de cancións: é a materialización dunha filosofía de vida e un mapa de navegación para tempos convulsos. Hip-hop comprometid
Get every episode summarized
Each time SONS DE NÓS RadioFusión publishes, we email you a written briefing from the transcript — the topics, who appeared, and any specific claims, with the ad reads skipped.
Email me new episodesFree for 3 shows. No card needed.
Hosts & guests
No transcript yet
This episode has not been transcribed. Request it and it moves to the front of the queue.
More episodes
More from SONS DE NÓS RadioFusión

Sons de Nós con Alana 8 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 8, 202637:34pending

Sons de Nós con Carlos Lijó
SONS DE NÓS RadioFusión
May 8, 202650:20pending

Sons de Nós 7 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 7, 202655:01pending

Sons der Nós 6 de maio de 2026
SONS DE NÓS RadioFusión
May 6, 202654:41pending