Skip to content
TrackPodcasts
musicMay 23, 202559:45pending

Sons de Nós con Hugo Guezeta 23 de maio de 2025

About this episode

Non pode negarse que as músicas urbáns están en Galicia nun momento ben interesante, rap, trap, hip-hop, rap metal, todo unha pléxade de propostas que fan que sexa un dos momentos máis vizosos para moitos e moitas artistas galegos. En Sons de Nós temos a intención de achegarvos todo o que está a facerse no panorama musical galego no que a nosa lingua sexa o centro e motor da súa produción e resulta innegable que xa non hai proposta, nin xénero musical, que non conte na actualidade cunha boa parte dos seus representantes que non fagan a súa produción en lingua galega. Moi interesante a pegada que as músicas urbanas e a música electrónica teñen entre a mocidade galega. O seguimento ás bandas e solistas deste xénero está facendo que agromen propostas de concertos deste tipo por toda a xeografía galega. Ademais é máis que salientable o número de propostas deste xénero que “rapean”en galego con total naturalidade a xeito de herdeiros dos regueifeiros de toda a vida. Hugo Guezeta é un dos representantes desta corrente musical máis salientable, del din os críticos que é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama coñecido no panorama musical galego. Hugo xa é un coñecido do público das músicas urbanas porque formou parte dende 2016 a 2023 de SonDeRua, o grupo separouse en 2023 En 2024, iniciou un proxecto en solitario, que está a situalo como un referente no mundo do rap galego. Tivemos a sorte de que Hugo veña na compaña do produtor Peter Petrowsky, o seu cómplice imprescindible nesta súa nova andaina musical e de Iván That Bass Dj, quen está participando nos directos de presentación do seu disco O Noso Tempo na xira na que están embarcados.

Get every episode summarized

Each time SONS DE NÓS RadioFusión publishes, we email you a written briefing from the transcript — the topics, who appeared, and any specific claims, with the ad reads skipped.

Email me new episodes

Free for 3 shows. No card needed.

Hosts & guests

No transcript yet

This episode has not been transcribed. Request it and it moves to the front of the queue.

Sons de Nós con Hugo Guezeta 23 de maio de 2025

SONS DE NÓS RadioFusión

0:00
59:45

More episodes

More from SONS DE NÓS RadioFusión

View all episodes →