Skip to content
TrackPodcasts
musicNov 14, 202546:33pending

Sons de Nós Arrhythmia 14 de novembro de 2025

About this episode

Os nosos convidados de hoxe en Sons de Nós afirman que a súa música nace da fricción entre mundos: o metal e a electrónica, o rap e o rock, a forza e o detalle. Mundos que poderían parecer antagónicos pero nos que eles están máis que a gusto. Son quen de converter o ruído en linguaxe, ...eles poden, son de Lugo. Hoxe forza non vai a faltar no estudio de Sons de Nós porque recibimos a visita de Arrhythmia. A banda luguesa está formada, a día de hoxe, por Alvaro Barreiro - Batería, Alex Maciñeiras - Baixo Eléctrico e Alberto Busto - Guitarra eléctrica Acompáñanos nesta entrevista Alberto Busto, membro de Arrhythmia que tamén, como adoita pasar coas persoas con moitas inquedanzas musicais, forma parte de Rebeliom do Inframundo. Dous Premios Martín Códax da Música, en 2018 á mellor banda de metal galego e, en 2023, e tres discos son unha estupenda carta de presentación para esta potente banda que decidiu facer un pequeno parón para tomarse un tempo de preparación do que xa é o seu novo traballo. O seu novo EP, cuxo nome está aínda a discusión dentro do grupo, sairá ao inicio do 2023, pero xa nos teñen feito dúas entregas ben intensas que xa dan a pista da calidade do que nos teñen preparado. Nas plataformas xa podedes escoitar “Amnesia” e “Insaciables”, acompañados nese segundo tema coa outra parte do corazón de Alberto, Rebeliom do Inframundo co que nada podía saír mal. En nada iremos coñecendo máis contido deste novo traballo. Queridas e queridos ouvintes, preparémonos para conmovérmonos porque Arrhythmia non busca agradar: busca conmover

Get every episode summarized

Each time SONS DE NÓS RadioFusión publishes, we email you a written briefing from the transcript — the topics, who appeared, and any specific claims, with the ad reads skipped.

Email me new episodes

Free for 3 shows. No card needed.

Hosts & guests

No transcript yet

This episode has not been transcribed. Request it and it moves to the front of the queue.

Sons de Nós Arrhythmia 14 de novembro de 2025

SONS DE NÓS RadioFusión

0:00
46:33

More episodes

More from SONS DE NÓS RadioFusión

View all episodes →